chouparro

chouparro
s m [MICOL]

Corpo frutífero dos fungos, da división amastigomicota caracterizado, as máis das veces, por presentar un pé que sostén e mantén en alto a capa fértil que produce as esporas reprodutoras. A función deste corpo é a de proporcionar un lugar elevado para a diseminación das esporas ou unha masa comestible para certos animais, tanto vertebrados, no caso dos mamíferos, como invertebrados, no caso de moitas especies de dípteros. Os que resultan tóxicos para o home reciben o nome de chouparros dos sapos.

Sinónimos

Palabras veciñas

choupada | choupana | choupar | chouparro | choupelo | choupeta | choupín