Christenberry, Willian

Christenberry, Willian

Fotógrafo norteamericano. Exerceu como profesor de arte na University of Alabama, na Memphis State University e na Corcoran School of Art de Washington. A súa primeira exposición individual foi na galería de arte da University of Alabama (1961) e a partir de aí desenvolveu unha intensa actividade en diferentes museos e galerías como a Henri Gallery de Washington (1970), a Morgan Gallery de Kansas City (1982), a MacGill Gallery de Nova York (1985) e a IV Fotobienal de Vigo (1990).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tuscaloosa, Alabama