Chueca Goitia, Fernando
Arquitecto e historiador de arquitectura e de urbanismo. Estudiou arquitectura na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1936) e socioloxía e urbanismo na University of Columbia (EE UU). Foi catedrático da Escola Superior de Arquitectura e director do Museo de Arte Contemporáneo en Madrid (1958). Foi senador (1977-1979) e conselleiro do reino (1978-1979). Entre as súas obras destacan La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura (1947), La catedral nueva de Salamanca: Historia documental de su construción (1951), Museo del Prado: Guiones de arquitectura (1952), Historia de la arquitectura española (1965), Breve historia del urbanismo (1968), La crisis del lenguaje arquitectónico (1972), Historia de la arquitectura occidental (1974), Liberalismo, ideas y recuerdos (1989), El Palacio Real de Madrid (1993) e Arquitectura de Madrid, siglo XX (1999). Participou tamén nas obras colectivas Ars Hispaniae: Historia del Arte Hispánico co volume Arquitectura del siglo XVI (1953), Historia General del Arte (1994) e Carlos V Imperator (1999). Prologou a exposición homenaxe a Cristino Mallo (1985). Foi membro da Real Academia de Historia (1966) e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1973). Recibiu o Premio do Concurso Nacional de Arquitectura (1943) e o Premio Nacional de Arquitectura polo proxecto para rematar as obras da catedral da Almudena de Madrid (1944). O Consejo Superior de Arquitectos galardoouno coa Medalla de Ouro da Arquitectura (1998).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid