Chukchis, península dos

Chukchis, península dos
Nome científico: [ruso: Čukotskij poluostrov]

Península do NL de Siberia, Rusia, situada entre o mar dos Chukchis, no estreito de Bering, o golfo de Anadyrskij e a serra de Anadyrkoje, que a separa do continente e na que se localiza a altitude máis importante da península (1.508 m). Os ríos son curtos e a costa é abrupta con diversos entrantes. O clima é extremadamente frío. Os núcleos de poboación son case inexistentes.