chumbeiro

chumbeiro

(< 1 chumbo)

  1. s m

    Anaco de metal ou calquera outro material pesado que se ata no extremo dun fío e que serve para marcar a verticalidade.

    Ex: Comproba co chumbeiro se a parede está dereita.

    Sinónimos: chumbada.
  2. s m [PESCA]

    Peza ou conxunto de pezas de chumbo que se colocan nas liñas ou nos aparellos de pesca e que serven para que a rede se afunda.

    Ex: Os chumbeiros da rapeta non pesan abondo.

    Sinónimos: chumbada.
  3. s m [PESCA]

    Obxecto pesado que se ata no extremo dunha corda para medir a profundidade.

  4. s m [PESCA]

    Relinga inferior composta por unha serie de chumbos, sobre a que se montan os panos da rede da arte de miño.

Palabras veciñas

chumbear | 1 chumbeira | 2 chumbeira | chumbeiro | 1 chumbo | 2 chumbo -ba | chumeiro