chupar
-
v t
Extraer cos beizos ou con outro órgano o zume dalgunha cousa.
Ex: O neno chupou ata a última pinga do biberón.
Sinónimos: chuchar, zugar. -
v t
Inxerir un líquido por sución, sen retelo na boca.
Ex: Lembro cando chupabas o refresco cunha palliña.
Sinónimos: chuchar, sorber, zugar. -
v t
Apreixar na boca un obxecto co fin de disolvelo.
Ex: Chupou o caramelo ata que se lle desfixo na boca.
Sinónimos: chuchar. -
v t
Extraer o leite das glándulas mamarias das femias dos animais mamíferos.
Ex: O año chupaba o leite da nai con insistencia.
Sinónimos: chuchar, mamar. -
v t
Absorber os vexetais a auga do chan a través das raíces.
Ex: A planta chupou a auga rapidamente do seca que estaba.
Sinónimos: chuchar, zugar. -
v t
Apropiarse dos bens materiais dunha persoa. Ex: Os irmáns chupáronlle a parte que lle correspondía na herdanza.
Ex: Os irmáns chupáronlle a parte que lle correspondía na herdanza.
-
v t
Desmellorar a saúde ou o bo aspecto a causa de distintas circunstancias.
Ex: Este inverno ruín chupouno.
Sinónimos: chuchar. -
v t
Realizar unha felación.
-
v pron
Engurrarse e perder o bo aspecto unha persoa.
Ex: Chupouse tanto despois da dieta que tivo que ir ó médico.
Frases feitas
-
Chupar máis ca unha esponxa/ca unha sanguesuga. 1 Beber moito.
-
2 Abusar economicamente de alguén.
-
Chupar o sangue. Explotar a alguén.
-
Chuparlle os ollos a alguén. Abusar de alguén sacándolle o que posúe.
Palabras veciñas
chupado -da | chupador -ra | chupamel | chupar | chupasangues | chupatinta | chupe, aIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chupo
chupas
chupa
chupamos
chupades
chupan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chupaba
chupabas
chupaba
chupabamos
chupabades
chupaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chupei
chupaches
chupou
chupamos
chupastes
chuparon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chupara
chuparas
chupara
chuparamos
chuparades
chuparan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chuparei
chuparás
chupará
chuparemos
chuparedes
chuparán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chuparía
chuparías
chuparía
chupariamos
chupariades
chuparían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chupe
chupes
chupe
chupemos
chupedes
chupen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chupase
chupases
chupase
chupasemos
chupasedes
chupasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chupar
chupares
chupar
chuparmos
chupardes
chuparen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
chupa
-
-
chupade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chupar
chupares
chupar
chuparmos
chupardes
chuparen
chupada
chupados
chupadas