Chur

Chur
Nome científico: [retorrománico: Cuera; ital: Coira]

Capital do cantón de Graubünden, Suíza, situada na beira esquerda do río Rin (30.219 h [1998]). A antiga Curia Rethorum constitúe un principado eclesiástico do Sacro Imperio. O bispado foi fundado no s V. Pouco tempo despois do 805, Carlomagno limitou o poder temporal dos bispos que, non obstante, conseguiron grandes posesións grazas á protección dos Otóns. Dende 1770 ata 1805 foi Principado do Imperio.