cianobacterio -ria

cianobacterio -ria

(< cian- + bacteria)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás cianobacterias.

  2. s f [MONERA]

    Bacteria do filo das cianobacterias.

  3. s f pl [MONERA]

    Filo de bacterias fotosintéticas, anteriormente chamadas algas azuis ou cianofíceas, que levan a cabo unha fotosíntese osixénica (teñen dous fotosistemas) e posúen un sistema de pigmentos similares nalgúns aspectos ao das eucariotas. Trátase dun grupo estruturalmente diverso, con formas unicelulares, coloniais ou tamén filamentosas. Polo xeral teñen a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico, capacidade relacionada coa presenza de células especializadas ou heterocistos; isto confírelle unha grande importancia no desenvolvemento dalgúns ecosistemas. Comprende uns 150 xéneros entre os que destacan Nostoc, Microcystis, Anabaena e Azolla.

Palabras veciñas

Ciano, Galeazzo | ciano- | cianoalcohol | cianobacterio -ria | cianocobalamina | cianofíceo -a | cianose