cianose
cianose
(
s
f
[PAT]
Coloración azul da pel e das mucosas que aparece cando a concentración de hemoglobina reducida no sangue capilar é superior a 5 g/100 ml. Pódese deber a unha osixenación deficiente do sangue arterial ou a un aumento na utilización de osíxeno. A primeira, ou hipóxica, preséntase en estados de insuficiencia respiratoria ou nas cardiopatías conxénitas en que unha gran parte do sangue venoso pasa ao torrente arterial a través dunha vía anormal; a segunda, prodúcese por unha diminución da velocidade de circulación do sangue capilar, como ocorre nas insuficiencias circulatorias ou nas vasoconstricións periféricas.