cianuración
(
-
s
f
[IND]
Proceso de cementación dos aceiros cun baño de sales fundidos a unha temperatura aproximada de 800°C. O baño normalmente está formado por cianuro (70%), carbonato (25%) e, como estabilizador, cloruro sódico. Durante o proceso difúndese carbono e, en menor proporción, nitróxeno pola superficie do metal. A cianuración emprégase principalmente para cementar pezas pequenas e ten a vantaxe de ser un método rápido que permite temperar o aceiro sen volver quentalo, ademais de deixar as pezas lisas e limpas.
-
s
f
[QUÍM/IND]
Procedemento de obtención do ouro e da prata que consiste en tratar o mineral cunha solución de cianuro alcalino en presencia de aire. O ouro ou a prata disólvense por formación dos cianocomplexos, moi estables: 4Au + 8NaCN+O 2 +2H 2 O→4Na[(CN) 2 Au]+4NaOH. A precipitación do metal prodúcese por cementación con cinc.