cianuro

cianuro

( 2 -uro)

s m [QUÍM]

Cada un dos sales do ácido cianhídrico. Hai catro tipos estruturais: iónicos, covalentes, complexos con grupos discretos e supercomplexos, derivados metálicos dos anteriores. Os metais alcalinos e algúns alcalinotérreos forman cianuros iónicos; a prata e outros metais nobres forman cianuros covalentes e moitos metais de transición forman cianuros complexos da forma [Mx+(CN)n]+x-n. Os cianuros alcalinos son moi velenosos xa que ao inxerilos desprenden ácido cianhídrico.

Palabras veciñas

cianuración | cianurar | cianúrico -ca | cianuro | Ciarraí | ciática | ciático -ca