ciático -ca
ciático -ca
(< lat v *sciatĭcu ‘quesofre ciática’ < gr ἰσχια, -ιῶν ‘ósoda cadeira’)
-
adx
Relativo ou pertencente á cadeira.
-
nervio ciático
[ANAT]
Rama terminal do plexo sacrolumbar. Sae da pelve pola parte inferior do escote ciático maior, descende entre a tuberosidade do isquio e o trocánter maior do fémur, e sitúase na parte posterior da coxa por debaixo da porción longa do bíceps crural. Ao chegar ao oco poplíteo bifúrcase e fórmanse os nervios ciático poplíteo externo e interno, que se distribúen pola perna. Os nervios ciáticos teñen unha función mixta sensitiva e motora.