ciático -ca

ciático -ca

(< lat v *sciatĭcu ‘quesofre ciática’ < gr ἰσχια, -ιῶν  ‘ósoda cadeira’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á cadeira.

  2. nervio ciático [ANAT]

    Rama terminal do plexo sacrolumbar. Sae da pelve pola parte inferior do escote ciático maior, descende entre a tuberosidade do isquio e o trocánter maior do fémur, e sitúase na parte posterior da coxa por debaixo da porción longa do bíceps crural. Ao chegar ao oco poplíteo bifúrcase e fórmanse os nervios ciático poplíteo externo e interno, que se distribúen pola perna. Os nervios ciáticos teñen unha función mixta sensitiva e motora.

Palabras veciñas

cianuro | Ciarraí | ciática | ciático -ca | ciatiforme | ciatio | cíato