ciática

ciática

(

s f [PAT]

Síndrome neurolóxica que aparece a consecuencia do sufrimento do nervio ciático. Caracterízase por producir dor e alteracións da motricidade, da sensibilidade e dos reflexos no territorio inervado por este nervio. O 95% dos casos aparecen a consecuencia da compresión sufrida polas raíces nerviosas na saída da columna vertebral. A hernia discal é a causa de compresión máis frecuente.

Palabras veciñas

cianúrico -ca | cianuro | Ciarraí | ciática | ciático -ca | ciatiforme | ciatio