Cibrán de Cartago, san

Cibrán de Cartago, san

Escritor latino, mártir e un dos Pais da Igrexa. Tras vivir unha mocidade entregada aos vicios converteuse ao cristianismo no 246; tres anos despois foi elixido bispo de Cartago e reorganizou a Igrexa de África, malia a violenta persecución de Decio que o obrigara a saír da cidade. No 255 mantivo unha controversia co Papa Estevo, quen autorizaba os bautismos conferidos por herexes fronte á súa opinión, non tan indulxente, e á dos bispos africanos. O procónsul Paterno desterrouno ao tunesino cabo Bon, pero, tras volver ser arrestado, regresou a Cartago; meses despois foi decapitado ao se negar a sacrificar os ídolos. A súa obra divídese en cartas e tratados (sermones, libelli, tractatus), entre os que destaca De habitu virginum, Catholicae ecclesiaeunitate ou De lapsis. A súa festa celébrase o 16 ou o 26 de setembro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cartago