cicadato -ta

cicadato -ta

(< lat científico Cycas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás cicadatas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da clase das cicadatas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Clase de xinmospermas constituída por plantas dioicas con aspecto de fento ou de palmeira, normalmente con ramificacións soamente na base. Comprende catro familias (cicadáceas, boweniáceas, estanxeriáceas e zamiáceas) e once xéneros. Esténdense polas zonas tropicais e subtropicais de África, Asia, Australia, América e as illas occidentais do Pacífico.

Palabras veciñas

CIC | cicada | cicadáceo -a | cicadato -ta | cicádido -da | cicadofilical | cicadofitino -na