cicadofitino -na

cicadofitino -na

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás cicadofitinas.

  2. s f [PLANTA]

    Ximnosperma da subdivisión das cicadofitinas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Subdivisión de ximnospermas constituída por plantas leñosas de porte variable, folla pinnada, e estames con diversos grupos de sacos polínicos e carpelos. Algúns presentan caracteres evolucionados, como por exemplo, flores hermafroditas. A subdivisión das cicadofitinas comprende dúas clases, gnetópsidas e cicadais, e unhas duascentas especies que se estenden polas rexións tropicais e subtropicais de todo o mundo.

Palabras veciñas

cicadato -ta | cicádido -da | cicadofilical | cicadofitino -na | cicatricial | cicatrícula | cicatriz