cicatriz

cicatriz

(< lat cicātrīce)

  1. s f [PAT]

    Tecido de neoformación destinado a reparar as perdas de substancia dos órganos e dos tecidos. As cicatrices están formadas por un tecido conxuntivo vello, pobre en vasos sanguíneos, células e substancia fundamental, e rico en fibras coláxenas. Nas cicatrices falta o parénquima específico do órgano ou do tecido que se destruíu por un proceso inflamatorio ou traumático.

    Ex: Ten a cara chea das cicatrices que lle quedaron do accidente.

    Sinónimos: sinal.
  2. s f [BOT]

    Sinal que deixa nunha planta a caída dunha folla, dunha bráctea, etc.

  3. s f

    estixio que deixa no ánimo un sufrimento do pasado. Ex: Os desgustos que levou na vida fóronlle deixando cicatrices na alma.

    Ex: Os desgustos que levou na vida fóronlle deixando cicatrices na alma.