sinal
(< lat signāle)
-
-
s
m
Indicación ou aviso óptico, acústico ou doutra natureza, codificado ou non, que serve para anunciar ou advertir algunha cousa, dar ordes ou transmitir mensaxes ou informacións.
-
s
m
[MAR]
Bandeira, lámpada ou obxecto de forma convencional que se emprega en terra, en mar ou a bordo dunha embarcación, para facilitar a navegación ou establecer comunicación. Os sinais destinados a embarcacións clasifícanse en sinais visuais e acústicos e sinais radiotelefónicos e radiotelegráficos. Son sinais os faros, as balizas, os semáforos, as bandeiras ou as sirenas.
-
sinal de circulación
[TRANSP]
Placa, disco ou cartel que, nunha estrada, nunha rúa ou nun cruzamento, serve para regular o tránsito, para advertir aos condutores dos vehículos dalgún perigo ou dalgún obstáculo, ou para darlles algún aviso ou indicación relacionados co tránsito. O código de circulación distingue os sinais de advertencia de perigo (placas triangulares equiláteras colocadas coa base horizontal e o vértice oposto na parte superior -agás no caso do “ceda o paso”, en que a posición é invertida-, co contorno vermello, o fondo branco ou amarelo e as letras ou os símbolos de cor negra ou azul escura); os sinais de prohibición e de fin de prohibición (que son discos, co contorno vermello e, xeralmente, o fondo branco e os símbolos negros ou azuis, nos de prohibición, ou ben discos brancos atravesados por unha banda inclinada negra, gris ou azul sobre os símbolos do correspondente sinal de prohibición); os sinais de obriga (que son circulares, triangulares ou octogonais, de cor azul, branca ou vermella, e indican obriga ou prohibición inescusable de efectuar algunha manobra); e os sinais de indicación e orientación (que poden ser discos, placas ou carteis e poden dar normas de circulación ou informar dunha dirección). Tamén se consideran sinais de circulación, os emitidos polos semáforos e os dos axentes de tráfico.
-
s
m
-
s
m
Xesto ou aceno co que se quere indicar algo a alguén.
-
s
m
Marca ou cicatriz que deixa unha ferida.
-
s
m
[DER]
Cantidade ou fracción do prezo total, entregada a conta, antes de facer firme un contrato de compravenda.
-
s
m
[AUTOM/CIBERN]
Modelo matemático das variables dun sistema. Xeralmente admite unha descrición temporal, variacións do sinal no tempo, e unha descrición frecuencial (espectro), compoñentes do sinal de diversa frecuencia. Un sinal determinista é o que ten unha descrición como función da variable tempo x(t), mentres que os sinais aleatorios soamente poden describirse por un modelo probabilístico. Os sinais analóxicos defínense para todo valor de t, en contraposición aos discretos no tempo (ou secuencias), que soamente o son para t=nT, onde n é un número natural e T un valor determinado de t.
-
s
m
[FÍS/INFORM/COMUN]
Magnitude física variable que pode transmitirse, propagarse e detectarse adecuadamente, de maneira que que perturbe ou modifique un estado de equilibrio constitúe un elemento portador de información. Os sinais poden ser eléctricos, mecánicos, pneumáticos, ópticos ou acústicos, e empréganse para transmitir información de acordo cun código establecido.
-
relación sinal/ruído
[AUTOM/CIBERN]
Cociente da potencia do sinal e a do ruído existente na banda de frecuencias ocupada polo devandito sinal. Constitúe unha medida cuantitativa da calidade dun sistema de comunicación. Cómpre unha relación de 10 dB para que un sinal de audición sexa intelixible, ou ben 40 dB para unha boa imaxe de televisión.