cíclope

cíclope

(

s m [MIT]

Xigante da mitoloxía grega que só tiña un ollo no medio da fronte. Os antigos distinguían tres tipos: os fillos de Urano e de Xea, coñecidos como Brontes, Estéropes e Arxes, que pertencen á primeira xeración divina, caracterizados pola súa forza e destreza nos traballos manuais e que forxaron o raio co que Zeus derrotou a Cronos; os sicilianos, entre eles o máis destacado foi Polifemo, que interveñen na Odisea, viven en cavernas, dedícanse á cría de ovellas e, segundo Homero, eran antropófagos; e os construtores, que realizaron os grandes monumentos prehistóricos de Grecia, Sicilia e outros lugares.

Confrontacións

titán