ciclópeo -a

ciclópeo -a

(< lat cyclopĕu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cíclopes.

  2. adx [ARQUIT]

    Relativo aos muros construídos con grandes bloques de pedra, xeralmente calcaria, sen tallar e sen ningún material ou argamasa que os una. A miúdo teñen unha pedra pequena que calza e reduce os espacios entre eles. Aplicouse en primeiro lugar á arquitectura micénica.

  3. adx [ARQUIT]

    Cachotería poligonal de grandes dimensións.