ciclostilo

ciclostilo

(< ingl cyclostyle)

s m [GRÁF]

Multicopista que traballa por serigrafía. A tinta graxa de imprenta atravesa un clixé formado por un papel cebola ou tecido fibroso no que se perfora o texto ou debuxo na cara non permeable. A reprodución efectúase ao pasar o papel entre o cilindro tinguidor, portador do clixé (movido a man ou por motor eléctrico), e un rolo de goma que o aperte. Nos modelos máis antigos, o clixé estaba enriba dun tecido esponxoso, suxeitado nun marco, no que se tinxía a man cun rolo.

Sinónimos