Cidrás Robles, Juan
Pintor. Participou nos talleres de Arte Kunster Atelier de Colonia. Na súa obra achegouse a estratexias próximas ao medio publicitario no eido técnico, mediante a produción de imaxes cunha información destinada á percepción do espectador. Realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas como Memoria dunha década (Bienal de Arte de Pontevedra, 1992), IV Mostra Unión Fenosa (1994), Art Multiple 98 (Düsseldorf, 1998) e Generación 2000 (2001). Ilustrou A voda do papá de Helena Villar Janeiro (1994). Foi galardoado coa bolsa de Novos Valores da XI Bienal de Pontevedra (1989), o primeiro premio do V Certame de Artes Plásticas de Lugo (1990), o premio Generación 2000. Caja Madrid (2000) e o Premio Arte Emergente-España Nuevo Milenio (2001).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Moaña