Cidrás Robles, Salvador

Cidrás Robles, Salvador

Artista plástico. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1995), ampliou estudios en Los Angeles. No eido da pintura inclínase pola linguaxe do expresionismo abstracto, do xestualismo e mesmo do minimalismo. Na década dos anos noventa interesouse polas instalacións, como un xeito de analizar o medio urbano e industrial, e polo seu contraste coa natureza e as súas formas. No “Informe sobre el estado actual del trabajo” (1997) explicou o seu interese pola paisaxe urbana. Divide o seu traballo entre o Delfina Arts Studio de Londres e o seu obradoiro de Moaña. Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas entre as que destaca 30 anos no 2000. Artistas galegos para un cambio de milenio (Santiago de Compostela, 1994), ARCO 95 e 96, e a VIII Fotobienal de Vigo (1998). Entre os premios que recibiu destacan o Certame Arte Xoven de Vigo (1990 e 1991), a bolsa da XII edición de Novos Valores da XII Bienal de Pontevedra (1991), a bolsa dos obradoiros Künstler de Colonia (1993), o premio Malvar de Xoves Valores (1995), o premio do XII Certame de Pintura Concello de Cambre (1995), o premio do IV Certame Díaz Pardo (1996) e a bolsa Pintor Laxeiro (1996). A súa obra está presente nas principais coleccións galegas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo