Ciencias do espectáculo
Ciencias do espectáculo
[ESPECT]
Conxunto de disciplinas relacionadas coa realización de produtos escénicos, entre as que cómpre salientar a teoría da interpretación, a teoría da posta en escena, a dirección de escena, a escenografía, a expresión corporal e xestual, a produción de espectáculos ou a iluminación teatral. Cada unha delas posúe a súa propia dimensión teórica, tecnolóxica e práctica e son obxecto de docencia e investigación nas Escolas Superiores de Arte Dramática ou nas Facultades de Estudios Teatrais.