Cienfuegos

Cienfuegos

Provincia de Cuba, situada no centro da illa (4.178 km2; 366.531 h [estim 1990]). A capital é Cienfuegos (132.000 h [1995]). A agricultura (cana de azucre, tabaco, café, froitas e hortalizas) e a industria (materiais de construción, téxtiles, industria agroalimentaria e sector naval) son a base da súa economía. É moi importante a pesca e a produción termoeléctrica.