Cieza

Cieza

Municipio da comarca de la Vega Alta del Segura, na Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, preto do río Segura (31.680 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, é o primeiro produtor mundial de melocotón. Outros cultivos importantes son as hortalizas e as oliveiras. Especial relevancia ten o sector da construción e dos servicios, centrado principalmente no pequeno comercio. Destacan o xacemento árabe de Medina Siyasa, a ermida do Santo Cristo del Consuelo e no centro urbano a basílica da Asunción do s XVIII, o edificio modernista do Mercado e o conxunto histórico do Balcón del Muro.