3 cimbro -bra
3 cimbro -bra
(< lat Cimbru)
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo xermánico dos cimbros.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).
-
s
m
[LING]
címbrico.