cimeira

cimeira

(< cima)

  1. s f [HIST/BÉL]

    Adorno que se colocaba sobre o helmo e que consistía en figuras moi vistosas. Estaba feita de material moi lixeiro, como cartón ou pergamiño, e levábana os cabaleiros para facerse recoñecer nos combates. Servía tamén de brisura para distinguir ramas dunha familia e como símbolo distintivo dalgún oficio ou dunha dignidade.

  2. s f

    Cima dun monte.

    Sinónimos: cimo, cume, cumio, curuto, pico.

Palabras veciñas

2 cimbro | 3 cimbro -bra | cimbrón | cimeira | cimeiro -ra | cimeno | cimentación