Cimón
Cimón
Militar e político ateniense, fillo de Milcíades. Loitou en Salamina. Colaborou con Arístides na formación da confederación de Delos (479-478 a C) e dirixiu a guerra contra Persia entre os anos 470 e 460. Na Batalla de Eurimedonte, no 469 a C, venceu a flota persa e recobrou o Quersoneso tracio no 465 a C. Sufocou as revoltas dentro da Liga Delia de Naxos e Tasos e defendeu os valores da aristocracia terratenente. Condenado ao ostracismo pola súa política proespartana no 461 a C, volvérono chamar no ano 451 a C para que establecese unha tregua con Esparta. Morreu durante a campaña de Chipre contra os persas, no Asedio de Citio.
Cronología
-
Nacemento
-
Deceso