Cincel

Cincel
[PUBLIC]

Revista que editou a Delegación Provincial de Educación Nacional entre 1945 e 1957 en Ourense. Estaba redactada en castelán e subtitulábase “Revista de la Falange de Orense”. Contou coa colaboración de Daniel Pato Movilla, José M. Liaño Flores e José Guzmán Novoa. De tendencia falanxista, centrábase en dar a coñecer o labor que o goberno franquista levou a cabo na provincia neses anos.

Palabras veciñas

cincato | cinceira | cinceiro | Cincel | cincento -ta | cincha | cinchado -da