cincha

cincha

(

  1. s f

    Cinta ampla de cordel, de cánabo ou doutra materia resistente, especialmente empregada para suxeitar e apertar a albarda, a sela, ou outros arreos, por debaixo do ventre do animal.

    Ex: Caeulle a albarda ó burro por non suxeitala ben coas cinchas.

    Sinónimos: atafal, atafarrilla.
  2. s f [MAR]

    Cintas anchas empregadas a bordo das embarcacións de orza (pequenos barcos de pouco calado), e que serven de punto de apoio para que a tripulación faga de contrapeso ao colgarse por fóra do costado. Van suxeitas ao fondo da embarcación, de xeito que tanto o proel como o patrón se poidan situar cos pés debaixo e colgarse o máis posible cara ao exterior.

Palabras veciñas

cinceiro | Cincel | cincento -ta | cincha | cinchado -da | cinchar | cincheira