Cincinnati
Cincinnati
Cidade do estado de Ohio, nos EE UU, situada no ensanchamento do val do río Ohio (345.818 h [1996]). Xunto con diversas cidades satélite como Newport e Ludlow, forma unha conurbación con grande importancia comercial e industrial, baseada nas boas comunicacions fluviais, na que destaca a metalurxia, a siderurxia e as industrias de consumo (téxtiles, calzado e xabóns). Fundouse no ano 1788 co nome de Losantiville, na ribeira dereita do río. Unha porcentaxe importante da poboación inicial é de orixe alemana. A función principal é a industria, especialmente a produción de máquinas-ferramentas. Posúe universidade. En 1886 creouse o museo de arte que, ademais de arte americana, acolle coleccións de arte oriental e europea.