cinética
cinética
(< grκινητικός ‘relativo ó movemento’)
-
s
f
[FÍS]
Rama da dinámica que trata dos efectos que as forzas e os momentos producen no movemento dos corpos materiais.
-
cinética de reactores
[FÍS/TECNOL]
Parte da teoría de reactores nucleares que estudia a evolución da potencia destes reactores en función do tempo.
-
cinética química/de reacción
[QUÍM/FÍS]
Ciencia que estudia as velocidades e os mecanismos en que transcorren as reaccións químicas. O seu obxectivo principal é propoñer un mecanismo, descrición detallada do camiño da reacción, como explicación dos feitos observados. A cinética química complementa, no estudo das reaccións, a termodinámica.