cinético -ca

cinético -ca

(< cinética)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao movemento, especialmente cando ten en conta as causas que o orixinan.

    2. Que está provocado polo movemento.

  2. adx

    Relativo ou pertencente á cinética.

  3. arte cinética [ARTE]

    Corrente artística que incorpora o movemento real ou aparente á peza escultórica. O termo empregouse por vez primeira no Manifesto Realista dos irmáns Pevsner, Antoine e Naum Neemia (Naum Gabo), pero a crítica non o aceptou ata 1950. Os seus creadores e líderes, ademais dos irmáns Pevsner, foron Marcel Duchamp, Ludwig Hirschfeldack, László Moholy-Nagy, Bruno Munari e Alexander Calder. A exposición de 1955 na galería Denise René de París foi a verdadeira eclosión desta tendencia, consolidada coa exposición de 1964 celebrada na Dokumenta de Kasseel. Os grupos de investigación cinética buscaban acadar o movemento mediante diferentes métodos: aparatos luminotécnicos (Schöffer), móbiles sen motor (Calder, Le Parc), móbiles con forza magnética (Takis), obxectos transformables (Tinguely) e movementos ocasionados pola percepción óptica (Cruz-Díez, Vasarely, De Marco, Pericot, Yvaral e Soto). En España destacou o Equipo 57.

  4. teoría cinética dos gases [FÍS]

    Teoría que considera que os gases están formados por partículas diminutas (moléculas), independentes, perfectamente elásticas, dotadas de movemento continuado que chocan entre elas e coas paredes do recinto que as contén, e ás que se poden aplicar as leis da mecánica clásica. Así se obteñen expresións macroscópicas que permiten determinar a presión, a enerxía interna e as calores específicas dos gases.

  5. literatura cinética [LIT]

    Literatura que implica no lector unha acción máis ca unha experiencia estética. Un exemplo son as obras con propaganda política.

Palabras veciñas

cinete | cineteodolito | cinética | cinético -ca | cinétida | cinetina | cineto-