Cingula
Cingula
[ANIMAL]
Xénero de gasterópodos mariños de cuncha que acada os 3 mm de lonxitude, de forma alongada e cor clara con bandas espirais escuras. En Galicia está presente a especie C. cingillus, con poboacións densas nas algas ou baixo as pedras do litoral superior.