cínico -ca
(< lat cynĭcu < grκυνικός ‘canino’)
-
adx
Relativo ou pertencente á escola cínica.
-
adx
Propio dunha persoa cínica. Ex: Non vai facer moitos amigos co seu comportamento cínico.
Ex: Non vai facer moitos amigos co seu comportamento cínico.
-
adx e s
Que ou quen mente con descaro. Ex: É tan cínica que non lle importa que saibas que mente. Cústame soportar os cínicos que viven nesta rúa.
Ex: É tan cínica que non lle importa que saibas que mente. Cústame soportar os cínicos que viven nesta rúa.
-
adx e s
Que ou quen se comporta impudicamente. Ex: Os seus amigos son bastante cínicos e se non os coñeces pásalo mal coas súas groserías.
Ex: Os seus amigos son bastante cínicos e se non os coñeces pásalo mal coas súas groserías.
-
escola cínica
[FILOS]
Escola filosófica grega iniciada por Antístenes, discípulo de Sócrates, no s V a C. O membro máis destacado foi Dióxenes de Sinope, díscipulo de Antístenes, xunto con Crates de Tebas, Bión de Borístenes, Salustio o Filósofo e Máximo de Alexandría. Precursores da doutrina moral dos estoicos, a escola rexurdiu durante os ss I e II d C, e estendeuse ata o final do mundo antigo. O nome de cínicos pode derivar do nome do ximnasio de Cynosargos (Atenas), onde Antístenes impartía as súas ensinanzas, ou ben da actitude carente de pudor e convencións que os caracterizaba. Defendían a liberdade radical do individuo e aspiraban á autosuficiencia moral. Consideraban que a virtude era o ben soberano capaz de dar a felicidade e que o home podía acadala liberándose do desexo.