Cinocéfalos
Cinocéfalos
Conxunto de outeiros de Tesalia en forma de cabeza de can coñecidos polas batallas que tiveron lugar neles. Pelópidas venceu a Alexandre, tirano de Feres, no 364 a C; e o cónsul romano T. Quinto Flaminio derrotou o exército de Filipo V de Macedonia (197 a C), o que supuxo a fin do Imperio Macedónico.