cinomorfo -fa

cinomorfo -fa

(< cino- + -morfo)

  1. adx

    Que se asemella a un can. Ex: Nos gravados aparecían varias figuras cinomorfas.

    Ex: Nos gravados aparecían varias figuras cinomorfas.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos cinomorfos.

    2. s m [ANIMAL]

      Mamífero do grupo dos cinomorfos.

    3. s m pl [ANIMAL]

      Grupo de primates que comprende simios catarrinos, de dimensións grandes e constitución robusta. Caracterízanse por ter o fociño alongado (que lembra o dun can), os cabeiros moi grosos, o rabo de dimensións variables e calosidades isquiáticas de cores vivas. As extremidades son fortes e adaptadas á marcha. Son terrestres e viven, en xeral, en zonas abertas. O grupo comprende a familia dos cercopitécidos.

Palabras veciñas

Cinocéfalos | cinodonto -ta | cinoglósido -da | cinomorfo -fa | cinónimo | cinorrodon | cinsa