cinsa

cinsa

(

    1. s f

      Residuo pulverulento dunha combustión formado polas substancias minerais non volátiles presentes no combustible. Contén principalmente carbonatos alcalinos, carbonatos e sulfatos de calcio e de magnesio, sílice, óxidos de ferro e de manganeso, e silicato de aluminio. A cinsa vexetal e a de lignito son un fertilizante excelente para terras arxilosas. A cinsa considerouse instrumento de purificación e tamén símbolo de afliximento, de dó e de penitencia en moitas relixións.

      Ex: Pensei que as cinsas do forno xa estaban apagadas, pero tiñan rescaldo no medio.

      Sinónimos: borralla, cinza.
    2. cinsa bogadeira

      Cinsa que servía para a bogada.

  1. s f pl
    1. Restos mortais dunha persoa.

      Ex: Baleiraron o nicho que aínda tiña as cinsas do meu bisavó.

      Sinónimos: cinza.
    2. Po que queda trala incineración dun corpo humano.

      Ex: Gardaron as cinsas da súa nai nunha urna.

      Sinónimos: cinza.
  2. s f [PINT]

    Denominación que se aplicaba en droguería a diversos pigmentos empregados en pintura, aínda que a súa procedencia non fose a combustión.

    Sinónimos: cinza.
  3. cinsa voante [QUÍM]

    Material obtido moendo moi finamente o residuo sólido da combustión do carbón nas centrais térmicas e noutras industrias. Ten propiedades pozolánicas e de absorción da auga. Utilízase en estradas para a estabilización dos solos e como aditivo dos conglomerados.

  4. cinsa volcánica [XEOL]

    Produto volcánico constituído por fragmentos extremadamente finos (diámetro inferior a 2 mm) e non consolidados. Xeralmente son grans microscópicos ou rochas volcánicas pulverizadas por unha explosión. Poden ser transportados polo vento a grandes distancias.

Frases feitas

  • Correr/ser lento como o sapo pola cinsa. Ser pouco activo, aplicado ou coidadoso.

  • Non facer cinsa con alguén. Non conxeniar cunha persoa.

  • Saír/saltar do paraño para a cinsa. Saír dunha mala situación para meterse nunha peor.

Formas incorrectas

cinxa

Refráns

  • Coa túa cinsa tapa o lume da túa fariña,

Palabras veciñas

cinomorfo -fa | cinónimo | cinorrodon | cinsa | Cinsa | cinseira | cinseiro