borralla

borralla

(< borra)

  1. s f

    Residuo pulverulento, de cor agrisada, que queda despois dunha combustión completa. Nas aldeas aínda existe o costume de mesturar a borralla con patacas partidas para a semente, xa que esta é un magnífico fertilizante.

    Ex: Estiveron espallando a borralla pola terra antes de labrala.

    Sinónimos: cinsa, cinza. Confrontacións: borrallo, remol, rescaldo.
  2. s f

    Po moi miúdo.

    Ex: Hai que limpar este cuarto, hai moita borralla.

  3. s f

    Chuvia case imperceptible ou néboa que molla.

    Ex: Saíu un día de sol despois de tanta borralla.

    Sinónimos: babuña, chuvisca, orballo, poalla, babuña, babuxa.
  4. s f

    Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘cemento’.