borralla
borralla
(< borra)
-
s
f
Residuo pulverulento, de cor agrisada, que queda despois dunha combustión completa. Nas aldeas aínda existe o costume de mesturar a borralla con patacas partidas para a semente, xa que esta é un magnífico fertilizante.
Ex: Estiveron espallando a borralla pola terra antes de labrala.
Sinónimos: cinsa, cinza. Confrontacións: borrallo, remol, rescaldo. -
s
f
Po moi miúdo.
Ex: Hai que limpar este cuarto, hai moita borralla.
-
s
f
Chuvia case imperceptible ou néboa que molla.
Ex: Saíu un día de sol despois de tanta borralla.
Sinónimos: babuña, chuvisca, orballo, poalla, babuña, babuxa. -
s
f
Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘cemento’.