cipermetrín
cipermetrín
Nome científico:
[(1RS)cis,trans-3-(2,2-diclorovinil)2,2-dimetilciclopropano carboxilato de (RS)-ciano-3-fenoxibenzilo]
s
m
[QUÍM]
Composto químico que pertence ao grupo dos piretroides e que actúa como insecticida, de aplicación foliar activa por inxestión e contacto sen actividade sobre ácaros, e como repelente. Emprégase en cultivos de algodón, cítricos, plantas de horta e ornamentais. É nocivo para o ser humano.