Cipolla, Carlo Maria

Cipolla, Carlo Maria

Historiador de economía italiana. Catedrático de Historia Económica da Universidade de Pavia, estudiou sobre todo a historia da moeda, a poboación e a técnica; especializouse na xénese e desenvolvemento do capitalismo e nas condicións que fixeron posible a Revolución Industrial en Europa. Escribiu, entre outras obras, The Economic History of World Population (Historia económica da poboación mundial, 1962), The Economic Decline of Empires (A decadencia económica dos imperios, 1970), Istruzione e sviluppo: il declino dell’analfabetismo nel mondo occidentale (Educación e desenvolvemento: o retroceso do analfabetismo no mundo occidental, 1971), Storia economica dell’Europa pre-industriale (Historia económica da Europa preindustrial, 1974), Le macchine del tempo: l’orologio e la società, 1300-1700 (As máquinas do tempo: o reloxo e a sociedade, 1981), Introduzione allo studio della storia economica (Introdución ao estudo da historia económica, 1993) e Conquistadores, pirati, mercanti: la saga dell’argento spagnolo (Conquistadores, piratas e mercaderes: a odisea da prata española, 1996); así mesmo, dirixiu a obra Storia economica d’Europa (Historia económica de Europa, 1979-1980).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pavia, Lombardia