Cirauqui
Cirauqui
Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago de Compostela, 6 km despois de Puente la Reina (454 h [1996]). Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa de San Román e, sobre todo, restos da antiga calzada romana de Traxano, cunha ponte dun só arco.