circadiano -na
circadiano -na
(< lat circa diem ‘arredor do día’)
-
adx
Que sucede aproximadamente cada 24 h.
-
adx
[BIOL]
Aplícase ao ritmo biolóxico que ten un ciclo aproximado de vinte e catro horas, como a secreción de ACTH, os movementos de crecemento das plantas ou o ciclo de sono/actividade dos animais.