Circasia

Circasia

Rexión de Rusia situada entre o Mar Negro, o val do río Kuban’ e o Gran Cáucaso. Comprende as Repúblicas dos Karachas e dos Cherkeses, a República de Adiguesia e a República dos Kabardíns e dos Balkares. De terras negras moi fértiles, a súa economía baséase principalmente na agricultura. Malia que foi conquistada polos romanos (s I a C), a súa influencia foi moi feble. No s V conquistárona os persas, e no s XVI, Timor-Lang (Tamerlán). A parte oriental quedou baixo o dominio de Crimea ata 1774, ano no que a soberanía pasou a Rusia, que obtivo o dominio total en 1825. Despois de duras campañas, Rusia conquistou a rexión occidental en 1864.