circonato

circonato
  1. s m [QUÍM]

    Denominación xenérica dos anións poliatómicos hipotéticos que conteñen o circonio como átomo central.

  2. s m [QUÍM]

    Denominación xenérica, non recomendada pola IUPAC, de diversos óxidos dobres. Teñen as fórmulas xerais M 2 <H>I </H>ZrO 3 , M 2 <H>II</H> ZrO 4 e M 2 <H>I</H> Zr 2 O 5 . Obtéñense por reacción, a temperatura elevada, de óxidos, hidróxidos ou nitratos de circonio e os correspondentes compostos doutro metal, nos que non existen ións de circonato discretos.

Palabras veciñas

Circle | circo | circón | circonato | circonfuso -sa | circónico -ca | circonio