Círculo dos XX
Círculo dos XX
Grupo artístico belga (1884-1893) que se afastou da arte oficial e que foi o núcleo da importante escola belga contemporánea. Entre os seus membros figuraban Rodin, Signac e Jan Toorop. No Salón dos XX expuñan os membros do círculo e outros artistas, como Monet, Renoir, Whistler, Seurat, Redon, Van Gogh, Cézanne, Gauguin, Toulouse-Lautrec e Pisarro, entre outros.