circuncelión -na

circuncelión -na
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos circuncelións.

  2. s [HIST/RELIX]

    Individuo do movemento dos circuncelións.

  3. s m pl [HIST/RELIX]

    Movemento de cariz social e político, formado no N de África por grupos de campesiños oprimidos que durante os ss IV e V d C, resistiron contra o poder romano e a Igrexa Católica. Afiliados á seita donatista, tomaron o título de Milites Christi.

Palabras veciñas

circumincsesión | circumpolar | circun- | circuncelión -na | circuncentro | circuncidar | circuncisión